Este domingo 10 de abril (10:30 horas, Alameda Concello de Maside) celebrarase en Maside a quinta e última proba clasificatoria do programa “Xogade” de Dúatlon Escolar 2015, coa participación total de 72 deportistas.
As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín, coa participación de 19 deportistas, os participantes correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín (25 deportistas) as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil (18 inscritos), 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete (10 rapaces e rapazas) son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.
O programa do Dúatlon Escolar está formado por cinco probas locais (Vedra, Santiago, Vilalba, Mondoñedo e Maside) que son clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega. Nas probas zonais clasifican os 25 mellores por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.