O DOMINGO 10 DE ABRIL CELEBRARASE O CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON EN LUGO CON 154 INSCRITOS

7 de Abril de 2016

O domingo 10 de abril celebrarase o  XXVI Dúatlon Concello de Lugo “Memorial Alejandro López”, que será ademais o Campionato Galego de Dúatlon. A proba contará coa inscrición de 154 deportistas, que acadaron a súa clasificación no Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016. Ademais da proba federada, haberá tamén un dúatlon de promoción (10:00 horas) con distancias máis curtas (2,5, 13 quilómetros de bicicleta e 1,25 de carreira a pe).

 

A proba, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), desenvolverase nos arredores do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, tendo como punto de saída e de chegada o propio recinto. A proba feminina comezará ás 11:00 horas, mentres que a masculina comezará ás 12:15 horas. Entre os participantes destaca a presenza de Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), Enrique Morán (Atletismo Porriño), Brais Misa (Atletismo Porriño) ou Pedro Antonio Esmorís (Tríatlon Arteixo), entre outros. Na proba feminina, figuran Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), actual campioa galega, María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo), Camila Alonso (Tríatlon Ferrol), Mariña Ramos (GV Sports Club) Carla Castaño (Arcade Inforhouse) ou Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo).

 

O Dúatlon Cidade de Lugo recibe o nome de “Memorial Alejandro López” en homenaxe ao ex directivo da Federación Galega de Tríatlon, que finou hai uns anos.

 

O pasado ano, Brais Canosa (Arcade Inforhouse) e Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse campións galegos de dúatlon ao acadar a vitoria no XIII Dúatlon Cidade de Santiago

Quizáis che interese…