O 17 DE XUÑO CELEBRARASE EN AS PONTES O V NORTHWEST TRIMAN

15 de Xuño de 2018

O domingo 17 de xuño (07:15 horas) celebrarase en As Pontes a quinta edición do NorthWest Triman, que contará cunha proba da distancia Ironmán, así coma unha de media distancia. En total, preto de 700 deportistas entre as dúas probas, nun novo récord de participación que, ademais como en anos precedentes, se cubriu en só 24 horas.

Ás 07:15 horas comezará a proba de media distancia (1,9 – 90 – 21) con máis de 350 triatletas inscritos, mentres que ás 07:30 horas darase á saída aos 300 deportistas que enfrontarán a longa distancia, cunha altísima presenza de triatletas de fóra de Galicia. Neste Ironmán os participantes terán que facer 3,8 quilómetros de natación no Lago das Pontes, o lago artificial más grande de Europa. Posteriormente, tomarán a bicicleta para recorrer os 180 quilómetros da proba (sen drafting), que unirá as localidades de As Pontes e Vilalba. E rematarán cos 42,2 quilómetros de carreira a pe, no entorno do lago. Este é o único tríatlon da distancia Ironmán que se celebra en Galicia.

Na longa distancia, hai que destacar a presenza de Ana López de Sanromán (Tríatlon Claverías), gañadora do pasado ano, ou de Mónica Mezquita (NoSportLimit) –campioa galega de longa distancia 2017- entre as mulleres, e a Juan José Foulquié (Tríatlon Calima), vencedor do pasado ano do Trimán, ou Iván Pereira (Mar de Vigo) –campión galego de longa distancia 2017- .

Na media distancia, Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) é un dos grandes favoritos, mentres que Mónica Alarcón (NoSportLimit) ou María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) son outros dos nomes destacados na proba feminina.

2017. Os vencedores do NorthWest Triman 2017 foron Juan José Foulquié e Ana López de San Román. O pasado ano a proba tamén foi campionato galego de longa distancia e lograron os títulos Iván Pereira (Mar de Vigo) e Mónica Mezquita (NoSportLimit).

Quizáis che interese…