O 3 DE ABRIL CELEBRARASE A PROBA DE MONDOÑEDO DO PROGRAMA “XOGADE” DE DÚATLON ESCOLAR

31 de Marzo de 2016

Este domingo 3 de abril (11:00 horas, Praza da Catedral) celebrarase a proba clasificatoria de Mondoñedo do programa “Xogade” de Dúatlon Escolar 2015, coa participación total de 40 deportistas. O programa conta con cinco probas clasificatorias e a de Mondoñedo é a cuarta. So queda pendente a de Maside, que terá lugar a próxima fin de semana.
As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil, 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.
O programa do Dúatlon Escolar está formado por cinco probas locais (Vedra, Santiago, Vilalba, Mondoñedo e Maside) que son clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega. Nas probas zonais clasifican os 25 mellores por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

Quizáis che interese…