O 5 DE MARZO, DÚATLON CONCELLO DE RIVEIRA MEMORIAL JESÚS E VICENTE

3 de Marzo de 2017

O domingo 5 de marzo celebrarase o Dúatlon Concello de Riveira Memorial Jesús e Vicente, terceira proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016, no que participarán 210  deportistas. Esta proba realízase en memoria de dous triatletas do Natación Ribeira, Jesús Huerta e Vicente Hernández, falecidos hai algo máis dun ano.

Entre os favoritos na proba masculina destacan Martín Carrera (Natación Riveira), Juan Sebastián Díaz (Tríatlon Poio), Lucas Escaneo (CT Huracan Cultbikes) ou Brais Canosa (Arcade Inforhouse). Mentres, Sara Guerrero (Náutico de Narón), Carla Castaño (Arcade Inforhouse), Balbina Tarrío (Tríatlon Arteixo)  Beatriz Castiñeira (GV Sports Club) serán algunhas das protagonistas da proba feminina.

A proba terá tres saídas: A proba feminina comezará ás 12:00 horas e hai dúas saídas masculinas (ás 10:30 e 11:50 horas). A saída, transición e meta estarán instaladas na Praia do Coroso e as distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira.

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Cidade de Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en  xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Manuel Ángel Penas (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores do XI Dúatlon Concello de Guitiriz, mentres que en Lugo gañaron Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial).

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...