O 9 DE MAIO CELEBRARASE EN REDONDELA A FINAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE DUATLÓN ESCOLAR

7 de Maio de 2015

Este sábado 9 de maio (a partir das 10:30 horas) celebrarase en Redondela a final provincial de Pontevedra do programa “Xogade” de  Duatlón Escolar coa participación de 72  deportistas.

As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil,1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

O programa consta de sete probas locais (dúas por provincia menos en Ourense), catro provinciais e a final. Nas probas zonais clasificáronse os 25 mellores por categoría e sexo para as fases provinciais e aquí  lograrán o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

Quizáis che interese…