O BEARIZ TRÍATLON PARTICIPARÁ NA POWERADE ION4 MADRID-LISBOA CO LEMA “RESPECTEMOS A DISTANCIA CO CICLISTA”

17 de Setembro de 2014

Catro deportistas do Beariz Tríatlon emprenderán entre os días 26 e 28 de setembro a Powerade Ion4 Madrid-Lisboa co obxectivo de concienciar á sociedade na importante de manter as distancias na estrada cos ciclistas (1,5 metros).

A Powerade Ion4 Madrid-Lisboa, que celebra a súa segunda edición, está considerada coma unha das probas de BTT máis duras do mundo. Pero para os integrantes do Beariz é máis cun reto deportivo: Emprenden esta aventura coa reivindicación “Respectemos a separación lateral de seguridade ao ciclista! “Non é só un ciclista, é unha vida”.

O Beariz presenta un equipo de relevos (dorsal 332) formado por José M. Lorenzo, Miguel Lorenzo e Jesús González, mentres que na proba individual competirá Florindo González co dorsal 103. A súa intención é facer os 770 quilómetros que separan estas dúas cidades en menos de 55 horas. A II edición da POWERADE ION4 Madrid-Lisboa xa pechou a inscrición cunha cifra récord de participación. Un total de 634 participantes repartidos en 204 equipos se darán cita nas Rozas o próximo día 26 para cumprir un  reto: Chegar en mountain bike hasta Lisboa.

 

 

 

Quizáis che interese…