O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DISTANCIA OLÍMPICA CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA EN ALTAFULLA

27 de Agosto de 2015

Altafulla (Tarragona) acollerá esta fin de semana (29 e 30 de agosto) o Campionato de España de Tríatlon na distancia olímpica cunha importante representación das e dos deportistas galegos. O sábado celebraranse as probas elite e paratríatlon, mentres que o domingo competirán os grupos de idade. En total, máis de mil participantes nas diferentes probas.

 

A proba de elite e sub 23 feminina celebrarase o sábado 29  de setembro ás 16:00 horas e na mesma estarán destacadas triatletas galegas, coma Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), María Ortega (TRi-Penta Terras de Lugo), Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) ou  Camila Alonso.

 

A proba masculina comezará ás 18:45 horas e na saída estará    Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo), actual campión de España, que defenderá o título. Ademais, enfronte terá a deportistas galegos do nivel de Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial), Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), Diego Paz (Arcade Inforhouse) ou Brais Canosa (Arcade Inforhouse). As distancias neste campionato son de 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe.

 

Tamén terá lugar o sábado 29 de agosto (13:45 horas) o campionato de España de paratríatlon, coa participación da viguesa Susana Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) na categoría de PT-5 (para deportistas con discapacidade visual).As distancias nesta proba son máis curtas (750-20-5).

 

Resultados 2014. O pasado ano Uxío Abuín (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamouse campión de España elite e sub 23 de tríatlon na distancia olímpica en Águilas (Murcia), mentres que Pablo Dapena (Cidade de Lugo) foi segundo e medalla de prata na elite. Na categoría feminina non houbo medallas para as deportistas galegas.

Quizáis che interese…