O CIDADE DE LUGO FLUVIAL FEMININO, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE DÚATLON POR CLUBS

24 de Marzo de 2018

Cidade de Lugo Fluvial logrou hoxe en Boiro o título de campión de España de Dúatlon por clubs na categoría feminina. De destacar a enorme superioridade individual das irmás Brea na proba feminina e de Fernando Alarza, na masculina.

Hoxe disputouse en Boiro a primeira xornada da Liga Nacional de Clubs, o Campionato de España de Dúatlon por clubs. Neste torneo cada duatleta, segundo o seu posto, suma puntos para o seu club. As distancias foron de 5 quilómetros de carreira a pe, 18 de bicicleta e 2,5 de carreira. Así, había que esperar ata o final para saber o gañador da proba.

Na proba feminina, o dominio absoluto foi das irmás Brea (Joselyn e Daniely) que se escaparon xa no primeiro segmento e estiveron elas sempre en cabeza a algo máis dun minuto do resto. De destacar a actuación da cadete Carla Guisande (becada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva) que logrou o mellor parcial no segundo segmento de carreira a pe e chegou a meta na terceira posición individual.

Pero o campionato era por clubs e aquí o máis regular foi o Cidade de Lugo Fluvial, que logrou o título cun total de 1.072 puntos trala suma dos resultados das súas dez duatletas (Carla Guisande, Lucía Vergara, María Jesús Coya, Sara Alemany, Silvia González, Verónica Tovar, Miriam López, Susana Carreira, Amelia Roca e Belén Lemat). O outro club galego da Primeira División Feminina, o Tri-Penta Terras de Lugo, logrou a quinta posición.

Na categoría masculina, o dominador absoluto foi Fernando Alarza (Tri-Penta) que, igual que fixeran as Brea, escapou no primeiro segmento e xa non abandonou a cabeza ata chegar á meta. Pero o título que estaba en xogo era o de clubs, e aquí logrou o triunfo o Diablillos de Rivas (1.269). O Cidade de Lugo foi oitavo clasificado e o Tri-Penta Terras de Lugo, noveno.

Segunda División. Hai que destacar o triunfo do Náutico de Narón na segunda División Feminina, mentres que o Arcade Inforhouse foi terceiro.

Podedes consultar o resto das clasificacións no seguinte enlace:

 http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2018/

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...