A Liga Nacional de Dúatlon comezou a fin de semana do 7 e 8 de marzo de 2026 na La Nucía, Cidade do Deporte, coa disputa de tres intensas xornadas que deixan ao equipo masculino do Club Deportivo Delikia na segunda posición da Primeira División e ao conxunto feminino liderando a clasificación da Segunda División.


Tras estas primeiras probas, o equipo feminino de Diablillos de Rivas e o masculino de Peñota Dental Triatlón encabezan a clasificación da Primeira División. Na categoría feminina, Katoa Barcelona e Club Albacete Res completan as primeiras posicións tras o conxunto madrileño. Na clasificación masculina, o Deportivo Delikia e Diablillos de Rivas seguen de preto ao equipo vasco.
Na Segunda División feminina, o Deportivo Delikia ocupa a primeira posición da táboa, seguido por Prat Triatló 1994 e Triatlón Squali Carabanchel. Pola súa banda, na Segunda División masculina lidera Prat Triatló 1994, por diante de Isbilya Sloppy Joe’s e AD Triatlón Ecosport Alcobendas.
A primeira xornada de competición incluíu o Campionato de España de Dúatlon SuperSprint por Clubs. Na Primeira División feminina, a vitoria foi para Diablillos de Rivas, por diante de Katoa Barcelona e Cidade de Lugo Fluvial. Na categoría masculina, o Deportivo Delikia proclamouse campión nacional, superando a Peñota Dental Triatlón e Diablillos de Rivas.
Na Segunda División feminina o triunfo foi tamén para o Deportivo Delikia, mentres que na masculina a vitoria correspondeu a Isbilya Sloppy Joe’s.

O Campionato de España de Dúatlon por Remudas Mixtas foi para o Deportivo Delikia, co cuarteto formado por Xisca Tous, Fynn Batkin, Natalia Castro e Nacho Gálvez. A segunda posición foi para Deporama Triatlón Soriano, con María Barceló, Nico Heredero, Marina Muñoz e Alfonso Izquierdo; mentres que o bronce o conseguiu CEA Bétera, con Eva María Sánchez, Antoni Juan, Noelia Juan e Héctor Tolsá.

A remuda 2×2 masculina decide o liderado
A xornada do domingo pechouse co Campionato de España de Dúatlon SuperSprint Remuda 2×2. A vitoria foi para Peñota Dental Triatlón, cun tempo de 1:19:32, por diante de Deporama Triatlón Soriano e Diablillos de Rivas. Este resultado permitiu ao conxunto vasco facerse co liderado da Liga tras as tres primeiras xornadas.
O Deportivo Delikia, que brillara o sábado con dous títulos nacionais, finalizou quinto nesta proba e cedeu a primeira posición da clasificación, aínda que se mantén no podio da Primeira División.
Na Primeira División feminina, Diablillos de Rivas volveu impoñerse na remuda 2×2 cun tempo de 1:33:15, por diante de Triatlón Albacete Res, prata, e Triatlón Ecosport Alcobendas, bronce, consolidando así o seu liderado na Liga.
Na Segunda División feminina, o podio da remuda 2×2 estivo formado por Deportivo Delikia, Peñota Dental e Prat Triatló 1994, mentres que na Segunda División masculina as medallas foron para Prat Triatló 1994, Triatlón Ecosport Alcobendas e Isbilya Sloppy Joe’s.
Ademais, disputáronse categorías Open, con vitoria feminina para Triatlón Murcia Ailimpo e masculina para Triatlón Archena Sipcam.

Así quedan o resto dos clubs tras as tres primeiras xornadas da Liga:
Primeira División feminina
• Cidade de Lugo Fluvial – 4º
• AD Náutico de Narón – 8º
Segunda División feminina
• Inforhouse Santiago – 5º
Primeira División masculina
• Cidade de Lugo Fluvial – 5º
• Inforhouse Santiago – 13º
• Triatlón Ferrol – 15º
Segunda División masculina
• AD Náutico de Narón – 11º
La clasificación de cada Liga puede consultarse en live.triatlon.org aquí.


