O DOMINGO 10 CELEBRARASE EN RIVEIRA O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON

7 de Xullo de 2016

O domingo 10 de xullo celebrarase o IV Tríatlon Concello de Riveira, que é ademais Campionato Galego na Distancia Olímpica con drafting (1,5 quilogramos de natación, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pe). Ademais tamén terá lugar o Galego de Duatlón Escolar Cadete e unha proba popular. En todas as probas previstas hai inscritos 360  deportistas.

Ás 09:45 da mañá darase a saída á proba feminina, con grandes nomes como os de Camila Alonso (Tríatlon Ferrol), Melina Alonso (Tríatlon  Ferrol), María Martínez (Atletismo Porriño) ou Silvia Deira (Arcade Inforhouse).

A proba masculina comezará dez minutos máis tarde (09:55) con 190 deportistas inscritos e xente dun altísimo nivel coma Luismi Velászquez (Tri-Penta Terras de Lugo), Diego Paz (Arcade Inforhouse), Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), Ismael López (Tríatlon Vilagarcía) ou Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo), entre outros. A area de transición, meta e saída está situada na praia de Coroso.

A proba popular, con 84 inscritos, comezará ás 12:30 horas e cunhas distancias moito máis curtas: 300 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe.

Ano 2015. Sabela Pensado (Natación Ribeira) e Luis Miguel Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) lograron o pasado ano a vitoria no III Tríatlon Concello de Riveira, mentres que se proclamaron campións galegos Sabela Pensado e Diego Paz nesta mesma proba.

Duatlón Escolar. Posteriormente celebrarase o Campionato Galego de Duatlón Escolar Cadete (13:15 horas), no que os participantes deberán realizar 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 de carreira a pe. Na proba está inscritos 42 deportistas

 

Quizáis che interese…