O DOMINGO 16 DE XULLO CELEBRARASE O TRÍATLON DO MIÑO CON 270 PARTICIPANTES

13 de Xullo de 2017

O domingo 16 de xullo disputarase en Lugo o XXIX Tríatlon do Miño coa participación de 270 deportistas nas diferentes probas organizadas. Ademais da proba oficial, que forma parte do Circuíto Galego  e é clasificatoria para o Campionato Galego, celebrarase un Nada e Corre para os máis pequenos e non competitivo (09:50 horas) e unha proba popular (10:00).

O Tríatlon do Miño disputarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 19,5 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe), con saída, transición e meta  na área creativa Los Robles.

Na proba feminina (12:30 horas) as favoritas a loitar polo triunfo  serán as irmás Brea (Joselyn e Edymar, do Tri-Penta Terras de Lugo), Esther Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial), Balbina Tarrío (Tríatlon Arteixo), María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial), Delfina Orlandini (Tríatlon Arteixo) ou Enma Romeo (Tríatlon Ferrol), entre outras.

Na categoría masculina (11:00 horas saída masculina sen corte e 12:20 horas, con corte) destaca a participación de Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), que está a facer unha tempada excepcional. Pero non será o único deportista con opcións, xa que tamén están inscritos Alberto Castiñeira (Tríatlon Arteixo), Javier Lluch (Cidade de Lugo Fluvial), Martín Carrera (Natación Riveira) ou Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial).

Outras probas. Ademais, celebrarase unha popular na distancia mini-sprint (300 metros de natación, 13 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe) que comezará ás 10:00 horas, así como un Nada e Corre non competitivo para as categorías benxamín e alevín. As distancias do Nada e Corre son de 50 metros de natación e 500 metros de carreira a pé.

 Ano 2016. Os mexicanos Claudia Rivas (Cidade de Lugo Fluvial) e Crisanto Grajales (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse campións do Tríatlon do Miño 2016, proba incluída no circuíto galego e clasificatoria para o Campionato Galego.

 

 

Quizáis che interese…