O DOMINGO 18 CELEBRARASE O I TRÍATLON RIBEIRA SACRA DE PANTÓN

16 de Setembro de 2016

O domingo 18 de setembro (11:30 horas) celebrarase o I Tríatlon Ribeira Sacra de Pantón, coa inscrición de máis de 50 deportistas.

Esta proba popular e de promoción, que celebra a súa primeira edición, disputarase sobre a distancia sprint, nesta oportunidade con 750 metros de natación, 16 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe nun entorno privilexiado. A saída e primeira transición estarán ubicadas na área recreativa de Maiorga, mentres que a segunda transición e meta estarán no campo da feira de Pantón.

Na categoría masculina podemos destacar a Iago Lorenzo (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Pedro Antonio Esmorís (Tríatlon Arteixo), mentres que na feminina están inscritas Iria Di John (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Marta Suárez (Olímpico de Vedra), entre outras deportistas.

 

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....