O DOMINGO 20 DE ABRIL CELEBRARASE EN MACEDA A FINAL PROVINCIAL DE OURENSE DO DUATLÓN ESCOLAR

18 de Abril de 2014

O domingo 20 de abril (11:00 horas) celebrarase en Maceda a final provincial de Ourense do programa “Xogade” de  Duatlón Escolar. Esta proba é clasificatoria para a final galega.

As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira. As probas celebraranse nas proximidades do campo de fútbol de Maceda.

O programa está formado por sete probas locais que eran clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega. Nas fases provinciais clasifican para a final galega os 6 primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa FEGATRI.

Quizáis che interese…