O DOMINGO 22 DE FEBREIRO CELEBRARASE EN SAMIEIRA A ÚLTIMA PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE DUATLÓN CROSS  

19 de Febreiro de 2015

O domingo 22 de febreiro (11:00 horas) celebrarase en Samieira a última proba do Circuíto Galego de Duatlón Cross, o IX Duatlón Cross Concello de Poio, cunha inscrición provisional de 94 deportistas.

Entre os favoritos para facerse co triunfo podemos destacar a Fabián Ubeira (Asociación Deportiva C.A.R.), Gustavo Caballero (Club Deportivo Pinarium) ou Marcos Mayo (Tríatlon O Treito). Marcos Mayo logrou o triunfo na primeira proba do circuíto, disputada en Beariz.

Na categoría feminina hai pouca participación e María Martínez (Atletismo Porriño) parte coma favorita. Esta deportista logrou o triunfo na segunda proba do circuíto, aínda que Belen Lemat (Cidade de Lugo) ou Priscila Suárez (Tríatlon Ferrol), entre outras, tentarán poñerlle as cousas complicadas.

Os participantes terán que correr 6 quilómetros, facer 19,5 quilómetros en bicicleta de montaña e rematarán con 3 quilómetros a pe. A saída, meta e transicións estarán situadas no campo de fútbol de Samieira e os circuítos descorrerán por pistas forestais e sendeiros bastante técnicos.

O Circuíto Galego de Duatlón Cross 2015 está formado por tres probas: Beariz, Maside e Samieira. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), júnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto. Na proba de Beariz resultaron vencedores Marcos Mayo e Ana Varela, mentres que en Maside gañaron  Brais Misa (Atletismo Porriño) e María Martínez (licenza dun día).

 

 

 

 

Quizáis che interese…