O DOMINGO 26 CELEBRARASE O DÚATLON CIDADE DE LUGO CON 130 INSCRITOS

23 de Febreiro de 2017

O domingo 26 de febreiro celebrarase o  XXVII Dúatlon Cidade de Lugo, segunda proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017, con 130 deportistas inscritos. O Dúatlon Cidade de Lugo recibe o nome de “Memorial Alejandro López” en homenaxe ao ex directivo da Federación Galega de Tríatlon, que finou hai uns anos.

A proba, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), con saída dende o Club Fluvial de Lugo e transición e chegada no Pazo de Congresos. A proba feminina comezará ás 11:30 horas, mentres que a masculina terá dúas saídas (10:00 e 11:20, con corte).

Entre os participantes destaca a presenza de Alejandro Álvarez (Cidade de Lugo Fluvial), Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol), Andrés Cendán (Cidade de Lugo), Ismael Lago (Atletismo Porriño), Lucas Escaneo (independente galego con licenza polo club CT Huracan Cultbikes), entre outros.

Na proba feminina, figuran Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) -vencedora do pasado ano desta proba e actual campioa galega de dúatlon-, Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Inés Castaño (Arcade Inforhouse), na proba con máis participación feminina da presente tempada.

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Cidade de Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en  xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Manuel Ángel Penas (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores do XI Dúatlon Concello de Guitiriz.

 

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...