O DOMINGO 3 DE FEBREIRO CELEBRARASE A PRIMEIRA PROBA DA TEMPADA EN GALICIA, O DÚATLON CONCELLO DE POIO

1 de Febreiro de 2019

Chegou o momento. Despois de meses de descanso e pretempada regresa a competición. O domingo 3 de febreiro (11:00 horas) celebrarase o Dúatlon Concello de Poio, que será a primeira proba da tempada en Galicia. Este campionato, que será a primeira proba do circuíto galego de dúatlon e clasificatoria para o galego, ten unha inscrición de máis de 130 deportistas.

As e os participantes terán que facer 5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros en bicicleta e rematarán con 2,5 de carreira. A saída, meta e transicións estarán situadas no porto do Campelo.  A primeira saída masculina terá lugar ás 11:00 horas e despois ás 12:30 horas será a saída masculina A (con corte de tempo) e a feminina, dez minutos máis tarde (12:40).

Neste inicio de tempada, resulta imposible falar de favoritos xa que aínda non se puido ver en acción aos deportistas. Así na proba feminina podemos sinalar, entre outras, á local Aida García (Club Ciclismo Tríatlon Poio), María Lois (Arcade Inforhouse), Paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e varias cadetes como Andrea Iglesias (Olímpico de Vedra), Sabela Rey (Olímpico de Vedra) ou Alba Muñiz (Arcade).

Na proba masculina haberá unha destacada participación con homes como Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Brais Misa (ARacde Inforhouse). Ademais, hai que destacar a importante participación do club local, Club Ciclismo-Tríatlon Poio, con 16 duatletas inscritos.

O Circuíto Galego de Dúatlon 2019 está formado por 4 probas (Concello de Poio, Cidade de Lugo, Cidade de Vigo e Cidade de Santiago), que son clasificatorias para o Campionato Galego, que se celebrará en Riveira o día 7 de abril. En cada unha das probas clasifícanse 22 deportistas para o Galego.

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...