O DÚATLON CROSS DE CANDEÁN PECHA O DOMINGO 29 O CIRCUÍTO GALEGO

26 de Xaneiro de 2017

O domingo 29 de xaneiro (11:00 horas) celebrarase o VII Duatlón Cross Candeán-Trasmañó, cun total de 75 deportistas inscritos. Esta é a terceira e última proba do circuíto galego de dúatlon cross.

Entre os favoritos para facerse co triunfo na proba masculina podemos destacar a Bruno Daniel Da Silva (Lamargha-Beariz Tríatlon), Darío Manuel Otero Pampín (Tríatlon O Treito), David Calzas (Tríatlon Costa da Morte) ou Elpidio Gómez (licenza dun día). Na categoría feminina, cunha moi curta participación, destacan Cristina Torres (Mar de Vigo), Ana Ramos (Artrogal-Tri 498) ou María José Martínez (Club Ciclismo-Tríatlon Poio).

Os participantes terán que correr 5,5 quilómetros, facer 20 quilómetros en bicicleta de montaña e rematarán con 2.750 metros a pe. O circuíto a pe, que descorrerá polas pistas do Parque Forestal do Vixiador, será por terra con firme irregular nalgunhas zonas. O percorrido en bicicleta é duro e exixente con subidas e baixadas moi interesantes.

O Circuíto Galego de Dúatlon Cross 2017 está formado por tres probas: Beariz, Maside e Candeán. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), júnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto. Na proba de Beariz proclamáronse vencedores Lara Lois (licenza dun día) e David Calzas (Tríatlon Costa da Morte), mentres que na de Maside gañaron Lara Lois (licenza dun día) e Darío Manuel Otero Pampín (Tríatlon O Treito).

Quizáis che interese…