O GRUPO DE ALTO RENDEMENTO DO CGTD COMPETIRÁ ESTE DOMINGO NA COPA PANAMERICANA DE VALPARAíSO

28 de Marzo de 2014

O Grupo de Alto Rendemento do CGTD, dirixido por Omar González, participará este domingo na Copa Panamericana de Valparaíso (Chile). Trala disputa desta proba, os equipo galego regresa a Galicia, tras case dous meses de adestramentos e competicións en Chile e Arxentina.

Na proba masculina participarán Diego Paz, Nan Oliveiras, Antonio Serrat  e Iñaki Baldellou, mentres que na feminina competirán Melina Alonso e María Ortega. Esta Copa disputarase sobre a distancia olímpica, é dicir, 1.500 metros de natación, 40 quilómetros en bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe.

Con este tríatlon finalizará a xira do Grupo de Alto Rendemento que comezou no mes de febreiro e que os tivo adestrando e competindo en Chile e Arxentina, con moi bos resultados. O adestrador Omar González está moi satisfeito do traballo que están a desenvolver nestas semanas de dura preparación e no seu rendemento nas probas disputadas (Tríatlon da Vendimia, Tríatlon Mendoza e un tríatlon disputado en Muelle Barón (Valparaíso), sempre situados nos primeiros postos. Ademais, Fernando Alarza logrou magníficos resultados nas dúas copas do mundo disputadas en Mooloolaba (7º) e New Plymouth (4º).

Tralo regreso a Galicia, as e os deportistas centraranse no campionato de España de Duatlón de Avilés, xa que o obxectivo é lograr a clasificación para o Mundial de Duatlón que se celebrará este ano en Pontevedra (Melina xa está clasificada por ser a actual campioa de España na súa categoría).

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...