Javi Gómez Noya será homenaxeado mañá mércores 17 de setembro (19:00 horas) polo Concello de Pontevedra, que quere celebrar a consecución do cuarto campionato do mundo de tríatlon por parte do deportista galego.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores acudiu o luns a recibir a Gómez Noya ao aeroporto de Peinador e xa falaron nese intre sobre a celebración deste acto, que terá lugar no Pazo de Mugartegui.
Día: 17 de setembro.
Horas: 19:00 horas.
Lugar: Pazo Mugartegui.