O MOTOBIKE GALAICO CREA UNHA ESCOLA DE INICIACIÓN AO TRÍATLON

8 de Outubro de 2015

O C.N. Galaico acaba de crear a Escola de Tríatlon Motobike Galaico dirixida a nenas e nenos das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete que queiran iniciarse na practica do noso deporte.

As clases de natación terán lugar os martes e xoves (de 18:00 a 19:00) e serán dirixidos por adestradores do C.N. Galaico na piscina de Rías do Sur. Os sábados (de 12:00 a 13:00) será o momento para adestrar a carreira a pé e o ciclismo dirixidos polo adestrador nacional de tríatlon do club. Estes adestramentos terán lugar, fundamentalmente,na Illa das Esculturas.

Para máis información, dirixirse ás oficinas do C.N. Galaico en persoa, chamando por teléfono ao 986 853 545 ou ben por correo electrónico en galaico@cngalaico.com.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.