O SÁBADO 16 CELEBRARASE O III TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS CON 200 INSCRITOS

15 de Xuño de 2018

O sábado 16 de xuño (17:00 horas) celebrarase o III Tríatlon Popular Concello de Cambados, con 200 deportistas inscritos e lista de espera, agardando por algunha baixa de última hora.

A proba celebrarase sobre a distancia sprint, é dicir: 750 metros de natación, 19 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe. A saída, transición e meta estarán situadas na Escalinata de Santo Tomé.

Na categoría masculina podemos destacar a Carlos Agra (Tríatlon Vilagarcía), o cadete Jorge González (Natación Riveira), Gustavo Barral (Tríatlon Coruña) ou Ismael Vieitez (Tríatlon Arteixo), mentres que na feminina están inscritas María Martínez (Atletismo Porriño), a cadete Nerea García Busto (Náutico de Narón) ou Raquel Pérez (Tri-Penta Terras de Lugo), entre outras.

 

Quizáis che interese…