O sábado 18 de xuño (17:00 horas) celebrarase o I Tríatlon Popular Concello de Cambados, con 200 deportistas inscritos. É á primeira edición desta proba e a resposta foi espectacular, tendo que abrir a organización unha lista de espera ao cubrirse o cupo máximo de participantes.
A proba celebrarase sobre a distancia sprint, é dicir: 750 metros de natación, 19 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe. A saída, transición e meta estarán situadas na Escalinata de Santo Tomé.
Na categoría masculina podemos destacar a Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo), Pedro Antonio Esmorís (Tríatlon Arteixo), José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo) ou Miguel Daporta (Olímpico de Vedra), mentres que na feminina están inscritas Cristina Torres (Mar de Vigo), Patricia Iglesias (Team Corbelo) ou Iria Blanco (GV SPorts), entre outras deportistas.