O SÁBADO 19 DE AGOSTO CELÉBRASE O XXVIII TRÍATLON POPULAR VILA DE ALLARIZ CON 150 DEPORTISTAS INSCRITOS

17 de Agosto de 2017

O sábado 19 de agosto (18:00 horas) terá lugar o XXVIII Tríatlon Vila de Allariz coa participación de 150 deportistas, cantidade máxima permitida pola organización polas características do lugar onde se celebra. Coma ven sucedendo cada ano, a inscrición encheuse en poucas horas e houbo lista de espera.

Na categoría feminina participa a campioa do pasado ano Ana María Santiso (Naútico de Narón) que terá como rivais a María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial), Cristina Torres (Mar de Vigo), Vanesa Díaz (Tríatlon Lugones) ou Mónica Alarcón (NoSportLimit) entre outras. Na masculina, contaremos co campión dos dous últimos anos (2015 e 2016), Alberto González (Kafewake Race Team), que deberá loitar contra deportistas coma Pedro Esmorís (Tríatlon Arteixo), Roberto Picón (Arcade Inforhouse), Fady Hout (Natación Liceo) ou Jacobo Crego (Olímpico de Vedra), entre outros.

A proba disputarase sobre as distancias de 750 metros de natación, 24 quilómetros de bicicleta e 5.500 metros de carreira a pe. A recollida de dorsais terá lugar na Alameda de Allariz e a proba disputarase nunhas paraxes especulares que converten esta proba nunha cita moi especial para as e os participantes.

Ano 2016. Na edición do pasado ano proclamáronse campións do Vila de Allariz Alberto González e Ana María Santiso.

 

 

Quizáis che interese…