O triatlon brillou en Pontevedra

Pontevedra triatlon

25 de Agosto de 2020

Despois dunha fin de semana intensa de tríatlon, podemos confirmar dende a Federación Galega, o gran éxito organizativo do Campionato de España de Tríatlon Sprint celebrado en Pontevedra.

2 días onde os participantes volveron gozar do tríatlon nas diferentes probas que se realizaron, cumprindo co protocolos de seguridade federativos aprobados pola administración competente que, en todo momento, estivo vixente tanto para eles como para todos os acreditados que se atopaban polo recinto pechado ao público.

Un venres marcado polo cambio de sistema en todo o referente a entrega de dorsais e presentación dos percorridos para dar cumprimento aos protocolos de prevención COVID-19 aprobados polos os organismos competentes en materia de seguridade, para garantir a seguridade sanitaria no regreso á competición, tan necesario para o avance do noso deporte.

O acceso dos deportistas á competición fíxose cumprindo co protocolo de seguridade marcado pola Federación Española. A acreditación realizábase con todo detalle e para o acceso ao recinto blindado, era obrigatorio o control de temperatura e o rexistro facial de todos os deportistas, sempre con máscara ata o inicio das súas probas.

Todo funcionou á perfección e non houbo incidentes reseñables, polo que as probas realizáronse sen ningunha incidencia.

Cadetes, paratriatlon e Grupos de idade

O sábado foi a quenda para a categoría cadetes.

Na categoría masculina a vitoria foi para Miguel Guzmán, do Furacán Valencia, seguido polo galego Andrés Prieto, do Fogar; e Miqui Rise, do Minorisa. Furacán Valencia, Cidade de Lugo Fluvial e Fogar foron os tres primeiros equipos clasificados.

En categoría feminina Helena Moragas, do Fasttriatlón, conseguía o mellor tempo, seguida pola galega Carla Guisande, do Cidade do Lugo Fluvial, e Sara Melitta Gimena, do Tragaleguas. org. Por equipos o campión era Cidade de Lugo Fluvial, prata Tragaleguas. org e bronce para o Tritrain4 you Málaga.

Despóis da corresponde entrega de trofeos, era o turno para o Paratriatlón, cunha gran presenza de deportistas nacionais con brillantes resultados cara aos próximos Xogos Paralímpicos.

A galega Susana Rodríguez Gacio do Triatlón Mar de Vigo, acadou a victoria na súa categoría un ano máis e Alvaro Illobre foi terceiro na súa categoría.

Pola tarde do sábado foi o turno dos Grupos de Idade masculinos e femininos, en donde, algo máis de 250 deportistas, voltaron a competir despóis destes meses de parón.

Elite e junior

As 9 horas do domingo comezou a categoría élite masculina, onde Fernando Alarza acadou a vitoria por diante do galego Antonio Serrat do Triatlón Vao e Roberto Sánchez Mantecón. A vitoria por clubs foi para o Cidade de Lugo Fluvial, por diante do Náutico de Narón e o Arena Alicante.

Na categoría élite feminina, a vitoria foi para Anna Godoy do Cidade de Lugo Fluvial, por diante de Xisca Tous e Miriam Casillas coa uniformidade do Triatlón Ferrol. Por clubs, a vitoria foi para a Universidade de Alicante por diante de Arcade Inforhouse Santiago e Cidade de Lugo Fluvial.

A triatleta do Cidade de Lugo  Cecilia Santamaria acadou a vitoria na categoría Sub23, por diante de Sara Guerrero e Laura Durán.

E a mañá rematou coas probas junior, onde a máis rápida en chicas foi María Casals, seguida de Natalia Hidaldo do Cidade de Lugo Fluvial e Iratxe Arenal. O podio masculino foi para Igor Bellido, Jesús Jiménez e o galego Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial.

Podium-élite-masculino

podium-elite-feminino

Podes ver todas as clasificacións a través do seguinte enlace da páxina web da Federación Española de Triatlón -> Resultados

Agradecementos

Dende a Federación Galega de Triatlón queremos agradecer a participantes, acompañantes, medios de comunicación, voluntarios e toda a xente que fixo posible que o evento de Pontevedra fora todo un éxito.

Agradecementos á Federación Española de Triatlón por contar coa cidade de Pontevedra para celebrar outro campionato de España e, como non, ao Concello de Pontevedra por apostar dende o primeiro momento polo tríatlon.

A tódolos medios de comunicación polo seguemento nas diferentes páxinas dos periódicos tanto galegos como de tirada nacional e á canle de TV La Liga Sports TV que fixo posible que a proba fora vista por moitísima xente.

Grazas. Vémonos na seguinte proba.

 

Quizáis che interese…