O TRÍATLON DO MIÑO CUMPRE 30 ANOS E FAINO CUNHA INSCRICIÓN DE PRIMEIRO NIVEL.

12 de Xullo de 2019

Despois da primeira edición en 1989, o XXXI Tríatlon do Miño contará este domingo con máis de 200 participantes.

Na proba que se celebrará na área recreativa de Los Robles e os seus arredores, o Cidade de Lugo Fluvial non só será o equipo con maior representación –cun total de 41 triatletas- senón que tamén está chamado á vitoria por clubs dado que competirá cos internacionais Antonio Benito, Kevin Viñuela e Natalia Hidalgo, reforzados polos canteiráns Esteban Basanta, Alejandro Álvarez e Miriam López.

A nivel individual, optan ó título as irmás Edymar e Joselyn Brea, do Tri-Penta Terras de Lugo e Sara Guerrero do A.D. Náutico de Narón.
O Tríatlon do Miño arrancará ás 9.50 horas cun Nada e Corre non competitivo para benxamíns e alevíns, ás 10.00 horas continuará cun tríatlon superesprinte popular aberto a non federados e a xornada prolongarase ata as 14.00 horas coas probas clasificatorias para o campionato galego.

A distancia raíña componse dun segmento de natación de 750 m no río Miño, un ciclismo de 19,5 km polo paseo de Ombreiro e 5 km de carreira polo paseo fluvial do Miño, contando coa zona de transición en Los Robles.

Ademais dos premios aos tres primeiros e primeiras triatletas e aos mellores clubs, o Tríatlon do Miño entregará o tradicional Gran Premio Deputación de Lugo aos deportistas máis rápidos da provincia.

Quizáis che interese…