Iván Raña foi o gran protagonista da Copa de Europa de Madrid. Por varios motivos: Volveu a Madrid a correr a distancia olímpica varios anos despois, ofreceu unha imaxe única e irrepetible para os afeccionados ao correr os dez quilómetros descalzo e finalizou coa homenaxe do tríatlon español.
Foi emocionante para Iván e para todos e todas as persoas aí presentes: os seus familiares, amigos, pero tamén a aqueles afeccionados que coñecen os seus éxitos deportivos.
Tras a cerimonia de entrega de medallas, Iván subiu ao podio. Alí recibiu un trofeo de mans do presidente da Fetri, José Hidalgo, e do presidente da federación galega, Óscar Surís, cunha inscrición que resumía a mensaxe desta homenaxe: “Grazas por ser o motor de arranque do tríatlon en España”.
Este foi o agasallo institucional e despois chegaron os momentos máis emocionantes. O piloto de rallies Pedro Burgo, moi amigo de Iván, apareceu cunha foto de ambos nunha ocasión na que competiron xuntos; os seus pais entregáronlle un cadro no que se representaba a súa carreira e proxectouse un vídeo con imaxes de toda a súa vida e carreira deportiva, na que os seus irmáns foron os cómplices.
Grazas Iván por todo!