O X TRÍATLON DE RIAZOR CELÉBRASE MAÑÁ DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON CASE 330 PARTICIPANTES

16 de Maio de 2016

O X Tríatlon de Riazor, clasificatorio para o Campionato Galego, celebrarase mañá 17 de maio, Día das Letras Galegas, coa  participación de case 330 deportistas.

A cita comezará as 10:00 horas coa celebración da proba popular, que terá unhas distancias más curtas (300 metros de natación, 10,6 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe). Ás 11:00 horas terá lugar a primeira saída masculina (sen corte), para posteriormente dar as saídas masculina B (a de máis nivel) ás 12:20 e á feminina ás 12:30 horas. As distancias serán de 750 metros de natación, 21,1 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe, mentres que a saída, meta e transición estarán ubicadas na praia de Riazor (xunto ao Praia Club).

Na categoría feminina destacan, entre outras, Marta Barbeito (A.D. Fogar), Andrea Vidal (Tri-Penta Terras de Lugo), Balbina Tarrío (Tríatlon Arteixo) ou Cristina Santiago (NoSportLimit). Na masculina parecen os principais favoritos César Ramiro Saracho (Tríatlon Arteixo), Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial), Pedro Antonio Esmoris (Tríatlon Arteixo) e Martín Carrera (Natación Riveira).

 

 

 

Quizáis che interese…