Galicia acadou esta fin de semana un total de oito medallas (4 outos, 2 pratas e 2 bronces) no Campionato de España de Biatlón, que se celebrou en Xixón.
Os ouros foron para Claudia Gámez (alevín), Andrea Vidal (cadete), Esperanza Cobas (júnior) e Raul Blanco (xuvenil), Ademais houbo dúas pratas: Mireia Vázquez, en prebenxamín e Martín Cando (cadete).
Ainhoa Corral (alevín) e Marcos Rodríguez (veterán 1) lograron dúas medallas de bronce, mentres que Manuel Cobas quedou a só un paso do podio (foi cuarto en benxamín).