OS CADETES NEREA GARCÍA BUSTOS E JORGE GONZÁLEZ, VENCEDORES DO TRÍATLON POPULAR DE CAMBADOS

16 de Xuño de 2018

Os cadetes do Centro Galego de Tecnificación Deportiva Nerea García Bustos (Náutico de Narón) e Jorge González (Natación Riveira) proclamáronse hoxe vencedores do Tríatlon Popular de Cambados, no que participaron 200 deportistas nun soleado día.

Nerea García foi moi superior e venceu con bastante comodidade cun tempo de 1:08:38. A segunda posición foi para Aída García (Tríatlon Rías Baixas) cun tempo de 1:12:08 e terceira foi María Martínez (Atletismo Porriño) cun tempo de 1:12:30.

Na categoría masculina, Jorge González logrou o seu triunfo cunha magnífica carreira a pe, na que foi o máis rápido para chegar a meta en primeira posición (58:52) por diante de Ismael Vieitez (Tríatlon Arteixo) cun tempo de 59:06. O terceiro posto foi para Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) cun tempo de 59:43.

No documento adxunto tedes as clasificacións.

TRICAMBADOS 2018

 

Quizáis che interese…