Esta fin de semana o tríatlon galego matricolouse con boa nota, tanto a nivel internacional como nacional.
No Campionato de Europa de Tríatlon celebrado en Kitzbuhel, o triatleta galego Antonio Serrat conseguíu unha excelente segunda posición no podio, despóis de estar loitando pola victoria durante toda a proba.
A galega Natalia Castro e o galego Esteban Basanta acadaban a medalla de bronce para o equipo español, no Campionato de Europa Junior de Relevos Mixtos.
En canto a Pablo Dapena, segue en estado de gracia no seu obxectivo de acadar o primeiro do Ranking World Bonus Challenge, que todavía lidera, conseguindo un terceiro posto moi traballado no Challenge Gdansk.
A nivel nacional, o sábado recibíamos a excelente noticia da victoria no Tríatlon da Rioxa do galego Gustavo Rodríguez por tercera vez consecutiva.
Na Coruña celebrábanse os Campionatos de España de Tríatlon por Clubes e Relevos Mixtos e os galegos estiveron a gran nivel a pesar do tempo.
Na Categoría Feminina o Náutico de Narón, acadou a victoria por diante do Cidade de Lugo Fluvial e os triatletas do Cidade de Lugo Fluvial conseguiron a terceira praza do podio na categoría masculina.
Na proba de relevos mixtos, o Cidade de Lugo Fluvial acadou a victoria da proba e Arcade InforHouse de Santiago a terceira posición, despóis dunha proba moi disputada.
O Domingo celebrouse a Copa do Mundo de Paratriatlon coa victoria de Susana Rodríguez na súa categoría e con un moi bo balance para todos os paratriatletas nacionais de cara a Tokio 2021.