A Coruña vístese de gala para recibir os triatletas nacionais

Presentación Triatlon A Coruña

17 de Xuño de 2021

Todo preparado para recibir ós triatletas na Coruña.

Presentación oficial do evento no Concello de a Coruña, coa presencia de Jorge García, director de competicións da Federación Española de Triatlón, Susana Rodriguez Gacio, Mónica Martínez, Concelleira de Deportes de A Coruña e Gonzalo Triunfo, Presidente da Federación Galega de Tríatlon.

Presentación Triatlon A Coruña

Esta fin de semana temos tríatlon na Coruña co Campionato de España de Tríatlon por Clubes, Relevos Mixtos e Relevos Mixtos de Talentos, ademáis o domingo dispútase a Copa do Mundo de Paratriatlón coa presencia de Susana Rodríguez que tentará acadar a victoria na súa categoría como colofón a súa excelente preparación para a proba paraolímpica en Tokio.

O Cidade de Lugo Fluvial lidera a Liga Iberdrola e a Liga Masculina de Tríatlon antes das probas de A Coruña, polo que tentarán manter a primeira posición esta fin de semana. Ademáis o equipo feminino do Náutico de Narón, atópase nunha excelente situación para loitar pola victoria nesta proba.

Na categoría masculina, o Tríatlon Inforhouse de Santiago está a poucos puntos do podio, polo que tentarán facer unha boa carreira na Coruña para superar os clubes que van por diante.

O sábado 19 de Xuño disputarase o Campionato de España de Tríatlon por Clubes coa partipación dos clubes de Primeira e Segunda División tanto feminina como masculina e os clubes inscritos na Terceira División con vistas ó ascenso á Liga Iberdrola e a Liga Masculina de Tríatlon.

Triatlon a coruña

1 DIVISION FEMININA

  • Cidade de Lugo Fluvial
  • Náutico de Narón
  • Arcade Inforhouse Santiago

1 DIVISION MASCULINA

  • Cidade de Lugo Fluvial
  • Arcade Inforhouse Santiago

2 DIVISION FEMININA

  • Club Olímpico de Vedra
  • Tríatlon Arteixo
  • Tríatlon Ferrol

2 DIVISION MASCULINA

  • Club Olímpico de Vedra
  • Tríatlon Arteixo
  • Jealsa Tríatlon Boiro
  • Náutico de Narón

3 DIVISION FEMININA

  • Tri-Penta Terras de Lugo
  • Nosportlimit
  • Club Tríatlon Coruña
  • Club Tríatlon Mar de Vigo

3 DIVISION MASCULINA

  • Tri-Pentas Terras de Lugo
  • Fogar
  • Tríatlon Rías Baixas

 

O domingo 20 de Xuño e o turno para as probas de Relevos Mixtos, os relevos Mixtos de Talentos e a Copa do Mundo de Paratriatlon.

ÉLITE MIXTO

1 CIDADE DE LUGO FLUVIAL 1219 12 GALICIA
6 A.D. NAUTICO DE NARON 1234 12 GALICIA
7 TRIATLON INFORHOUSE SANTIAGO 1207 12 GALICIA
23 CLUB OLIMPICO DE VEDRA 1206 12 GALICIA
26 JEALSA TRIATLON BOIRO 1290 12 GALICIA
27 TRIATLON ARTEIXO 1259 12 GALICIA
30 TRIATLON FERROL 1211 12 GALICIA

OPEN MIXTO

41 A.D. TRI-PENTA TERRAS DE LUGO 1247 12 GALICIA
47 TRIATLON RIAS BAIXAS 1257 12 GALICIA
51 CLUB DEPORTIVO LA PURISIMA 1299 12 GALICIA
52 CLUB HERCULES TERMARIA 1252 12 GALICIA

Moita sorte e a disfrutar de este formato de tríatlon en equipo.

Quizáis che interese…