Os equipos galegos seguen dándonos alegrías

NOVAS FEGATRI

13 de Xuño de 2022

Outra fin de semana chea de éxitos para os equipos galegos. O triatlón galego segue dándonos alegrías polo mundo.

En Targu Mures, o duatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Celestino Fernández acadou a posición 15 na proba do Campionato do Mundo de Dúatlon, onde o duatleta do Tríatlon Ferrol, Iván Puentes tivo que retirarse por calambres. Na proba feminina, as irmáns Brea do Club Deportivo Delikia, fixeron unha espectacular carreira para rematar coa victoria, unha vez máis, no Campionato do Mundo de Dúatlon para Joselyn Brea nun apretado final, onde Edymar facíase coa décima posición.

En Leeds, o triatleta galego Antonio Serrat do Cidade de Lugo Fluvial entrou nun excelente novena posición na proba masculina e a triatleta do Tríatlon Ferrol, Miriam Casillas acadaba a décima posición, confirmando o seu bo estado de forma. Na proba de relevos mixtos, a selección española acadou a decimosexta posición, nun relevo formado pola triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Iria Rodríguez e o triatleta do Tríatlon Inforhouse de Santiago Alberto González.

CLASIFICACIÓNS LEEDS SERIES MUNDIAIS

En Coimbra vibramos cos triatletas máis xóvenes. Na proba feminina as triatletas do Náutico de Narón, Natalia Castro e Sara Guerrero, estiveron en todo momento na loita polas medallas, conseguindo un quinto e un sexto posto, respectivamente na meta final. Na categoría masculina o triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Esteban Basanta acadou a séptima posición final.

CLASIFICACIÓNS COPA DE EUROPA DE TRIATLON COIMBRA

En Zarauz confirmouse o bo estado de forma do triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Antonio Benito, acadando a victoria final na proba élite masculina.

CLASIFICACIÓN TRIATLON DE MEDIA DISTANCIA ZARAUZKO

Xa en Galicia, celebrouse o Tríatlon Popular de Muros coas victorias de David Borges do Cidade de Lugo Fluvial e Ainoa Gontán do Tríatlon Inforhouse de Santiago. 

CLASIFICACIÓNS TRIATLON POPULAR DE MUROS

Comenzamos a semana cos éxitos dos galegos polo mundo e preparando unha fin de semana de tríatlon por equipos na cidade da Coruña, coas Xornadas finais das Ligas Nacionais de Tríatlon.

O Cidade de Lugo Fluvial lidera a Liga Nacional de tríatlon masculina e a Liga Iberdrola feminina. O equipo feminino do Náutico de Narón está na segunda posición con poucos puntos de diferencia e na categoría masculina o Tríatlon Inforhouse de Santiago e o Tríatlon Ferrol, tentarán de loitar polos postos de honor nesta derradeira proba do circuíto.

 

Quizáis che interese…