ÓSCAR VICENTE, GAÑADOR DA COPA DE EUROPA DE CREMONA

9 de Xuño de 2013

 O galego Óscar Vicente logrou a primeira posición na Copa de Europa Sprint de Cremona (Italia), que se celebrou hoxe nesta localidade italiana. O galego lograra o pasado ano a décima posición e nesta oportunidade fixo unha magnífica proba que o levou á vitoria.

O seu triunfo ten aínda máis mérito despois dun mal segmento de natación. Óscar saíu da auga cun tempo de 9:59, o trixésimo quinto dos participantes. Así que lle quedaba unha importante remontada por diante e o galego comezou xa na bicicleta. Neste segmento logrou o segundo mellor tempo de todos os deportistas e na carreira a pe fixo un espectacular tempo de 15:342, o mellor de todos os triatletas. Así, finalmente foi o primeiro clasificado (56:18) con só seis segundos de vantaxe sobre Jonathan Zipf (Alemaña), mentres que na terceira posición se colocou o belga Jelle Geens (56:27).

 

A Copa de Europa de Cremona dispútase sobre a distancia sprint (750 metros natación – 20 quilómetros de bicicleta – 5 carreira a pe) e tivo unha importante participación tanto na categoría masculina coma na feminina.

 

 

 

 

Quizáis che interese…