Outra fin de semana intensa

28 de Xuño de 2022

Outra fin de semana intensa para os triatletas galegos coa disputa do Campionato de Tríatlon por Autonomías, as carreiras explosivas en Montreal e os éxitos da media e longa distancia.

O equipo galego desplazouse ata Logroño para disputar o Nacional de Tríatlon por Autonomías onde acadou excelentes resultados.

Nas probas en idade escolar os galegos Damián Suárez e Lucas García acadaron a victoria na súa proba conseguindo uns valiosos puntos para o equipo, na categoría feminina as rapazas fixeron un bo traballado e na proba de relevos mixtos do domingo, afianzaron a súa posición final con unha segunda praza.

Na categoría absoluta, celebráronse diferentes probas durante o sábado e o domingo, coa victoria final para a Comunidade Valenciana. O equipo galego acadou a segunda praza no proba de relevos mixtos.

Unha fin de semana intensa para todo o equipo, os que temos que agradecer a súa implicación no evento e a súa disposición para competir nas diferentes probas.

Clasificacións do Nacional de Autonomías de Logroño. 

Xa en Galicia, disputouse unha nova edición do NorthWest Triman, Campionato Xunta de Galicia de Longa Distancia. Onde o triatleta Juan Enrique García Fandiño do Clube Tríatlon Compostela, acadaba a victoria do Campionato Galego de Longa Distancia. 

campionato galego de longa distancia

Podes consultar todas as clasificacións na páxina web do NortWest Triman.

A nivel internacional esta fin de semana disfrutamos dunha nova proba das Series Mundiais de Tríatlon en Montreal, onde o triatleta galego Antonio Serrat tivo que retirarse na primeira carreira da proba final por mor dunha caída no sector de bicicleta. No relevo mixto, o galego formou parte do equipo español, acadando a posición 11 na proba.

Na proba junior de Montreal tamén tivemos presencia de triatletas galegos con Elsa Pena (20) e Andrés Prieto (7). Formando tamén parte do relevo español que acadou a octava posición en Montreal.

O galego Pablo Dapena segue acadando excelentes resultados despóis da súa victoria da semana pasada no Challenge de Gdanks, cunha terceira posición moi traballada no Campionato de Europa 70.3 celebrado en Elsinore (Dinamarca).

 

 

 

Quizáis che interese…