Esta fin de semana estamos en Ferrol e Lugo

NOVAS FEGATRI

1 de Xullo de 2022

Lugo

Unha nova edición do Tríatlon do Miño dará comezo ao Circuíto Galego de Tríatlon. O Domingo 3 de Xullo na Área Recreativa “Los Robles” temos a XXXIII Edición do Tríatlon do Miño, organizado polo Concello de Lugo e o clube Cidade de Lugo Fluvial.

triatlon do miño lugo

 

A partir das 10.30 dará comenzo a proba masculina cun total de 175 participantes e ás 12:00 horas será o turno das 27 mulleres que forman parte da proba feminina.

750 mts de natación no Río Miño, 19,5 kilómetros de bicicleta e 5 kilometros de carreira a pé para acadar un posto para a proba final do Campionato Galego de Tríatlon que este ano celebramos o 21 de Agosto en Ferrol.

Ferrol

O sábado día 2 de Xullo o Tríatlon Concello de Ferrol, Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Cadete, Xuvenil e Junior en formato SuperSprint, dentro do Circuíto Mozo. Organizado polo Clube Tríatlon Ferrol e patrocinado pola Fegatri e a Fundación Pho3nix.

As probas comezarán as 3 de tarde os máis pequenos coas Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya e a presencia do triatleta galego.

circuito mozo ferrol

 

pho3nix kids ferrol

 

Internacional

Na Copa de Europa Junior de Tríatlon que se celebra o sábado 2 de Xullo na localidade holandesa de Holten, temos presencia galega con Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) e Andrés Prieto (AD Fogar).

Máis información en www.triathlon.org

 

 

 

 

 

 

Quizáis che interese…