COMUNICADO FEGATRI
Unha vez rematada a desescalada se as circunstancias sanitarias seguen evolucionando e así o permiten, de xeito coordinado coa Secretaría Xeral para o Deporte e co resto de administracións e institucións deportivas, así coma coa colaboración do noso tecido deportivo, tentarase retomar a actividade deportiva coas máximas garantías de seguridade e saúde, adecuando ás medidas preventivas e de corrección necesarias para minimizar os riscos na máis alta porcentaxe.
En concordancia co anterior, xúntase a base das medidas a aplicar elaborada de xeito coordinado pola Federación Española de Tríatlon, e que se verán complementadas cun plan específico da FEGATRI para aplicar a todo o noso deporte.
Nos próximos días, a FEGATRI, a través da súa comisión de avaliación, elaborará o plan de prevención específico apoiado así mesmo no programa de analise de riscos e medidas correctoras que virán dadas pola ferramenta que está poñendo en marcha a Secretaría Xeral para o Deporte coas Federacións Galegas. Unha vez en funcionamento solicitarase aportación de datos a todo o tecido federativo e posteriormente planificaranse xuntanzas telemáticas cos distintos estamentos federativos entre xuño e xullo.
* ELABORACIÓN DO CALENDARIO PROVISIONAL
Co fin de realizar as modificacións necesarias e elaborar un calendario provisional para o que resta de tempada, previo á súa elevación para aprobación dos órganos competentes nas próximas semanas, e posterior presentación ás distintas administracións; abrimos un prazo para presentar propostas de organización e/ou recalendarización de competicións, de acordo ao seguinte:
A) -PRERROGATIVAS CALENDARIO PROVISIONAL
1.- O plan para retormar a actividade comezaría na última semana de xullo
2.- Priorizarase o desenvolvemento dos Campionatos Galegos.
3.-Priorizaranse as probas precalendarizadas (cuxa continuidade ou recalendarización deberá igualmente confirmarse).
- RECEPCIÓN DE PROPOSTAS DE PROBAS DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO.- Ata o mércores, 3 de Xuño .-
- XUNTANZA TELEMÁTICA COS ORGANIZADORES PARA COORDINAR O CALENDARIO.- Venres, 5 de xuño, ás 20:00 h. (enviarase ligazón de acceso)
- CONVOCATORIA DA COMISIÓN DELEGADA PARA APROBACIÓN DE CALENDARIO.- Mércores 10 de xuño ás 20:00 h.
B) -MEDIDAS A TER EN CONTA
Plan de Actuación preventivo
Medidas correctoras
FISICOVID-DXTGALEGO
Programa para reactivar o sistema deportivo galego (Ferramenta de idenficación do risco, analise para tratamento e plan de prevención)
C) -DATOS DAS PROPOSTAS.-
- Nome da Competición e localización
- Dúas datas posibles
- Organizador
- Dirección de Carreira e datos de contacto (Nome, teléfono, e
- Tipo de competición (Modalidade, distancia, tipo)
- Conta con respaldo ou convenio coa administración