POIO DECIDE OS CAMPEÓNS GALEGOS DE ACUATLÓN 2019

6 de Setembro de 2019

Chega o fin de semana con máis probas do calendario da Federación Galega de Tríatlon, e unha desas competicións das que disfrutaremos é o Campionato Galego de Acuatlón que se disputará na localidade pontevedresa de Poio.

Baixo a organización do Club Ciclista Tríatlon Poio e coa colaboración do Concello de Poio. Arredor de 180 deportistas tanto de categorías menores como absolutos daranse cita ao longo da mañá do domingo en Combarro.

Entre os inscritos figura o actual campión galego da especialidade, Martín Carrera que defenderá o título baixo as cores do seu clube, o Tríatlon Boiro. En canto á categoría feminina ningunha das tres primeiras clasificadas na pasada edición repiten participación polo que o domingo veremos caras novas no podio.

Quizáis che interese…

Dúatlon de Reis 2022

Dúatlon de Reis 2022

👟 DÚATLON DE REIS (Clasificacións oficiais xa dispoñibles) A duatleta do Tríatlon Ferrol María del...