PONTEVEDRA ALBERGARÁ O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE ESTRADA.

20 de Agosto de 2019

O vindeiro sábado 24 as inmediacións da Ponte dos Tirantes será o epicentro do XIX Tríatlon Cidade de Pontevedra, que esete ano decidirá o Campionato Galego de Tríatlon de estrada. A Casa Consistorial de Pontevedra acolliu no día de hoxe a presentación do evento.

José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, destacou o total aopoio do organismo autonómico ao tríatlon en todos os seus niveis, tanto en deporte de elite, escolar ou popular, loubando os recentes éxitos acadados pola selección galega no Campionato de España de Tríatlon por Autonomías.

Tino Fernández, Concelleiro de deportes do Concello de Pontevedra, resaltou a consolidación dunha proba que xa vai pola decimonovena edición, tamén comentou o apoio total do Concello co deporte das tres disciplinas en todas as probas que se disputan na cidade do Lérez.

Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Tríatlon, falou de que o XIX Tríatlon Cidade de Pontevedra non so contará coa disputa do Campionato Galego, senon que tamén habrá probas populares aptas para todos os niveis que buscan achegar o tríatlon a todo o mundo. Mencionou tamén que se disputará o Campionato Galego de Paratriatlon.

A día de hoxe e coas inscricións aínda abertas a lista de participantes auguranos que o sábado viviremos un gran espectáculo en Pontevedra, pois nomes como os de Antón Ruanova, Anneke Jenkins, Alberto Castiñeira, Martín Carrera, Camila e Melina Alonso, Edymar e Joselyn Brea. Os triatletas locais tampouco queren perder a ocasión de correr na casa e contaremos coa presenza de Pablo Dapena e Saleta Castro.

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables

Plan Corresponsables

O Plan Corresponsables é unha nova política pública residenciada na Secretaría de Estado de...

Outra fin de semana intensa

Outra fin de semana intensa

Outra fin de semana intensa para os triatletas galegos coa disputa do Campionato de Tríatlon por...