A experiencia de 2014 foi tan positiva que Pontevedra quere repetir. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, foi o encargado de facerlle chegar a petición da cidade do Lérez á presidenta da Federación Internacional de Triatlon, Marisol Casado: Pontevedra quere organizar o Mundial de Duatlón de 2016.
Hoxe celebrouse en Pontevedra unha reunión na que participaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a presidenta da Federación Internacional, Marisol Casado; o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo, e o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar Surís. Nesta reunión, Lores fixo saber o interese da cidade por volver al albergar o Mundial de Duatlón, mentres que a presidenta da Mundial recoñeceu o bo facer de Pontevedra no celebrado no ano 2014, así como a aposta decidida desta cidade polo triatlon durante os últimos dez anos.