PONTEVEDRA CORONA A PABLO DAPENA E A ANNEKE JENKINS COMO CAMPIÓNS GALEGOS DE TRÍATLON.

25 de Agosto de 2019

As inmediacións da Ponte dos Tirantes acolleron a edción XIX do Tríatlon Cidade de Pontevedra, a proba poñia en xogo os títulos autonómicos tanto de paratríatlon como de tríatlon.

A xornada daba comezo coas probas populares na que se rexitrou unha amplia participación así como un moi bo nivel deportivo.

Coa quenda do paratríatlon, poñiase en marcha oficialmente o campionato galego 2019. Tres eran os paratriatletas presentes, Álvaro Illobre e Ángel López eran primeiro e segundo en PTWC, mentres que o triatleta local Aaron Ortíz levabase o título en PTS4.

Chegaba a hora da saída feminina do campionato galego, dónde a proba tivo un nome de principio a fin, o de Anneke Jenkins. A triatleta do Cidade de Lugo Fluvial mostrou un aplastante dominio da proba de principio a fin, levandose o seu primeiro título de campiona galega da especialidade. Acompañarona no podio Joselyn Brea do Tri-Pentas Terras de Lugo e Iria Rodíguez do Cidade de Lugo Fluvial.

A proba que pechaba esta intensa xornada deportiva en Pontevedra era a saída masculina. Nos 750 metros de natación Adrián Haz, Esteban Basanta e Alberto Castiñeira tomaban a dianteira da proba, aínda que no segundo segmento a carreira cambiaría por completo. Tras os 20km de ciclismo formouse un grupo de tres unidades composto por Facundo Merdard, Pablo Dapena e Alberto Castiñeira, que á postre disputarían entre eles a victoria. O arxentino Medard que realizou os mellores segmentos da proba tanto en bici como correndo vencía con autoridade por diante de Pablo Dapena e Alberto Castiñeira.

O campionato galego reacaía nas mans do pontevedrés Pablo Dapena seguido de Alberto Castiñeira e Andrés Cendán.

Quizáis che interese…