PRATA PARA ANTONIO SERRAT, NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ACUATLÓN EN ÁGUILAS

15 de Maio de 2016

Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou a medalla de prata no Campionato de España de Acuatlón que se disputou hoxe en Águilas, Ademais, Susana Rodríguez logrou a prata na ITU World Paratriathlon Event. En outras categorías houbo máis metais galegos: Iria Rodríguez (prata cadete), Jorge González (bronce cadete) e Andrés Cendán (bronce júnior).

IMG-20160515-WA0003Susana Rodríguez foi segunda na proba mundial de Paratriatlon que se celebrou hoxe en Águilas. A viguesa estaba de estrea, xa que competiu xunto a Mabel Gallardo, nova guía. Susana necesita ter unha guía reserva para os Xogos Paralímpicos, e por iso está a probar con Mabel para ver se podería ser a suplente cara a Río.

E a proba foi positiva. Saíron da auga a uns 30 segundos da británica Melissa Reid e perderon algúns segundos máis, ao cometer algúns erros na transición. Na bicicleta, que parecía o segmento máis complicado por ser o máis técnico, estiveron a un bo nivel. Onde perderon máis tempo foi na carreira a pe, xa que Susana non se atopou demasiado ben, pero aínda así logrou a segunda posición (01:16:31) por detrás de Melissa Reid (01:14:53).

iria rodriguezCadete.  Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) acadou a medalla de prata no Campionato de España de Acuatlón da categoría cadete, mentres que Jorge González (Natación Riveira) logrou o bronce na proba masculina.

Iria, que saíu da auga na segunda posición, foi quen de manter este posto, pero acusou un pouco o cansazo do día anterior e non puido atacar para buscar a primeira posición. Desta forma, o título foi para Lucía Salafranca (17:13), prata para Iria Rodríguez (17:36) e bronce para Natalia Hidalgo (17:40). Ademais, Inés Castaño (Arcade Inforhouse) foi décima, facendo un magnífico parcial na carreira a pe.

Na categoría masculina, Jorge González (Natación Riveira), que saíu da auga nunha magnífica posición xunto a Mauro Paredes (Natación Riveira), logrou a medalla de bronce cun tempo final de (15:38). O ouro foi para Ander Noain (15:17) e a prata para Guillem Montiel (15:26). As distancias foron de 500 metros de natación e 2,5 quilómetros de carreira a pe.

Júnior. Na categoría feminina tivemos baixas importantes: Inés Santiago non competiu resentida da caída do día anterior, mentres que Carmen Gómez tampouco saíu por molestias físicas. Tanto Galicia coma a proba quedou moi diezmada ao perder a dúas das favoritas.

Así saen da auga Cecilia Santamaría e Lucía Vergara en cabeza, con escasos segundos de vantaxe sobre o grupo perseguidor no que estaban Sara Guerrero e Rebeca Carnota. Ao final, triunfo para Cecilia Santamaría e sexta posición para Sara Guerrero, que tivo unha magnífica fin de semana.

Na proba masculina, bronce para Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial), que repetiu a posición de onte no Campionato de España de Tríatlon Sprint. Andrés foi en cabeza de carreira dende o primeiro segmento, ao saír da auga nun grupo de catro, mentres que no segundo grupo ía Carlos Brión e un pouco máis atrás Marcos Ruíz. Na carreira a pe, Cendán confirmou a súa medalla de bronce por detrás de Javier Lluch (ouro) e Alberto González (prata). Ademais, hai que destacar o undécimo posto de Carlos Brión e o 14º de Marcos Ruíz. Nestas probas as distancias foron de 1.000 metros de natación e 5 quilómetros de carreira a pe.

Sénior. Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou a prata no Campionato de España de Acuatlón por detrás de David Castro, que repetiu o triunfo do día anterior. Kevin Viñuela e Luismi Velásquez saíron da auga nas primeiras posicións, mentres que tanto a Serrat como a Castro lles tocou remontar nos 5 quilómetros de carreira a pe, logrando os mellores parciais neste segmento e decidindo o triunfo no sprint final. David Castro foi ouro (28:49), Antonio Serrat logrou a prata (28:51) e Ignacio González foi bronce (29:07). Tamén hai que destacar a quinta posición de Pablo Dapena (Cidade de Lugo), a sétima de Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo).

Na proba feminina, non houbo medallas galegas, con María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo) na sexta posición da proba (quinta campionato de España), como mellor resultado. O triunfo foi para Anneke Jenkins, pero o título para Anna Godoy, que chegou na segunda posición.

 

 

Quizáis che interese…