GUSTAVO RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DO HALF TRIATHLON PAMPLONA-IRUÑA 2016

15 de Maio de 2016

Tal e como fixera o pasado ano, o galego Gustavo Rodríguez repitiu triunfo e proclamouse onte  campión do Half Triathlon Pamplona-Iruña 2016.

A proba deu comezo ás 14:00 no Pantano de Alloz, onde Joan Rivureta,Manu do Real  e Raùl Amatrian foron os primeiros en saír da auga. No sector ciclista,  Gustavo Rodríguez foi o máis rápido alcanzando a cabeza de carreira a metade do percorrido e manténdoa ata o final da proba, logrando así a súa vitoria consecutiva. O segundo en entrar foi Diego Paredes, mentres que terceiro foi Joan Rivureta.

Nesta proba os preto de 800 deportistas inscritos, tiveron que nadar 1,9 quilómetros no Encoro de Alloz, percorreron en bicicleta 85 quilómetros ata Pamplona e realizaron un media maratón (21 quilómetros) polo centro da cidade de Pamplona.

Quizáis che interese…

Acuatlón Castrelo do Miño

Acuatlón Castrelo do Miño

O pasado fin de semana celebrouse a Copa Deputación Ourense de Acuatlón - Acuatlón Castrelo de...