PRATAS PARA CIDADE DE LUGO FEMININO E ARCADE MASCULINO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR CLUBS

13 de Setembro de 2015

 Os clubs galegos tiveron un destacado papel no Campionato de España de Tríatlon por clubs que se celebrou esta fin de semana en  Águilas (Murcia). O Cidade de Lugo Fluvial acadou a prata na categoría feminina, mentres que o Arcade Inforhouse logrou tamén o segundo posto na masculina. Ademais, hai que destacar o ascenso de categoría de Tríatlon Ferrol (feminino) e Cidade de Lugo Fluvial (masculino).

 

Na proba feminina da Primeira División, destacado traballo das deportistas do Cidade de Lugo Fluvial, que lideraron a proba. Dende a T2 manda Alessia Orla e estivo en cabeza case ata o final, cando foi alcanzada pola súa compañeira Anna Godoy. Así ambas entraron en meta da man, pero para a clasificación de clubs hai que sumar os resultados de todos os deportistas, e no total quedou en primeira posición o Diablillos de Rivas (1.167 puntos), por diante do Cidade de Lugo Fluvial (1.137).

 

Na categoría masculina, os deportistas do Arcade Inforhouse estiveron moi activos durante toda a proba, con varios triatletas no grupo de cabeza. Finalmente, el triunfo individual foi para Jordi García (Fasttriatlon) e o Arcade colocou a catro deportistas entre os dez primeiros da clasificación: Diego Paz foi sexto; Alberto González, oitavo; Rui Filipe Nunes, noveno e Alberto Castiñeira, décimo.

 

Na clasificación de clubs, triunfo para o Diablillo de Rivas con 1.231 puntos e co Arcade moi preto (1.203). O conxunto de Santiago acadara o título de campión de España o pasado ano.

 

Nesta competición, cada entidade presenta un equipo formado por un mínimo de 8 deportistas e un máximo de 10 e puntúan todos os participantes. A proba disputase sobre a distancia sprint (750 metros de natación – 20 quilómetros de bicicleta – 5 quilómetros de carreira a pe).

 

Ascensos. Na segunda División, magníficas noticias para o tríatlon galego. Os dous clubs galegos presentes (Cidade de Lugo Fluvial na categoría masculina e o Tríatlon Ferrol, na feminina) acadaron o ascenso á Primeira División.

 

Neste enlace, podedes atopar todos os resultados:

 

 

http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2015/

 

Quizáis che interese…