O vindeiro luns día 6 de decembro de 2021, terá lugar no Concello de Cerdedo-Cotobade, no entorno de A Chan en Carballedo, a segunda edición do Dúatlon Cros Cerdedo-Cotobade.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o concelleiro de Deportes, Bruno Portela, presentaron a segunda edición do Duatlón Cros Cerdedo-Cotobade que se disputará o vindeiro luns 6 de decembro no entorno da Chan, en Carballedo. No acto estiveron presentes Quique Hernández, representante do Triatlon PC Rías Baixas, organizadora da proba, e Pablo Cabanelas, en representación da Federación Galega de Triatlón.
Despóis do ano 2020 de parón provocado pola pandemia, recupera a súa celebración para disfrute das e dos derpostistas.
A proba enmarcase dentro do Circuito Galego de Dúatlon Cros, co especial aliciente de ser a última cita do circuito autonómico, na cal se decidirán os gañadores xerais. Deste xeito, despóis das citas de Vimianzo, Baio e Lousame, Cerdedo-Cotobade colle o testigo e acolle aos mellores deportistas galegos da especialidade.
A proba dará comezo ás 11:00 horas, tendo que cubrir os deportistas, en tódalas categorías en liza, 5,8 km de carreira a pé, 18 km de percorrido en bicicleta e unha última posta de 2,9 km novamente a pé.
A competición tamén estará aberta a participantes de “licencia de un día”, co cal se facilita a participación de calquera deportista, independientemente que sexa asiduo destas probas.
Organizada polo Triatlon P.C. Rías Baixas coa colaboración do Concello de Cerdedo-Cotobade, a proba recuperase coa intención de converterse nun referente dentro do calendario autonómico.
INSCRICIÓNS ATA AS 23:59 HORAS DE HOXE 30 DE NOVEMBRO.