Tras o impás no 2018, as entidades implicadas na organización do Triatlón de Amizade – Cámara Vila Nova da Cerveira, Concello de Tomiño, Federación Portuguesa de Triatlón, a Federación Galega de Tríatlon e Péntalon Moderno e a Pedal’arte Associação de Cicloturismo e Triatlon . Presentaron hoxe o formato da competición transfronteiriza, dándolle unha maior axilidade mediante a introdución de medios tecnolóxicos. A XII edición está prevista para o 1 de setembro, mantendo os circuítos para menores e adultos. Esperando unha participación de arredor de 300 deportistas.
Como o único tríatlon transfronteirizo entre España e Portugal, o Tríatlon de Amizade Cerveira-Tomiño ten unha gran responsabilidade, tanto por recoñecer aos equipos de atletas participantes como por potenciar o deporte transfronteirizo. Co río Miño como nexo de unión entre ambos os dous paises.
Con 11 anos de historia, en 2018, a organización decidiu suspender a proba durante un ano, facendoa máis áxil, competitiva e cunha mellor articulación dos recursos existentes. Na rolda de prensa celebrada esta mañá, no Concello de Tomiño, a Alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, e o vicealcalde de Vila Nova de Cerveira, Vitor Costa, acompañados dos representantes das federacións, explicaron que a adaptación tivo lugar. Á normativa das dúas federacións implicadas, co obxectivo de poñer de manifesto o terreo común. Para potenciar a natureza transfronteiriza do evento; a introdución de cronometraxe electrónico (chip) emitindo de xeito fiable tempos parciais e resultados finais: A clasificación única deixa de adxudicarse por nacionalidade. Tamén se reubicou no calendario deportivo pasando do terceiro fin de semana de setembro ao primeiro. Como novidade este ano os deportistas que así o desexen poderan completar a proba formando un equipo de tres deportistas, no que cada un deberá completar un dos segmentos.
O XII do Tríatlón de Amizade Cerveira-Tomiño está previsto para o 1 de setembro, coa participación de preto de 300 deportistas federados e non federados dos dous países veciños. Que competirán na proba de promoción de menores en BTT ás 11h15 (hora española), e o Triatlon Sprint, que está previsto que comece ás 15h30 (hora española).
Os triatletas teran que enfrontarse a 750 metros de natación, seguidao dun segmento de ciclismo por estrada de 20 km e remataran correndo 5 km. A proba terá entre a localidade galega de Goián, no municipio de Tomiño, e Vila Nova de Cerveira. Este ano os puntos de saída e chegada situaranse no Espazo Fortaleza, en Goián, a transición estará ubicada no Cais do Rio Miño, en Vila Nova da Cerveira.
En disputa está o “Trofeo de Amizade”, obra do escultor español Arcadio Blasco. Esta pequena escultura chámase “Encontro das Culturas” e dende a súa primeira edición, é o símbolo do Tríatlon da Amizade.