PRESENTADO O XIX TRÍATLON DE FERROL.

9 de Agosto de 2019

A Casa Consistorial de Ferrol acolleu esta mañá a presentación do XIX Tríatlon de Ferrol.

A proba está encadrada dentro do circuito galego de tríatlon de estrada. Esta será a última proba do circuito e poñerá en xogo vinte e dúas prazas para a gran final que se disputará en Pontevedra a finais de mes. Máis de douscentos cincuenta triatletas serán os que se darán cita ao longo da mañá do domingo 11 no Peirao de Curuxeiras, epicentro da proba.

Á presentación acudiu o concelleiro de deportes da cidade departamental, José Golpe. Por parte da Fegatri a secretaria xeral Mónica Flores estivo presente. En canto ao clube organizador, o Triatlón Ferrol estivo representado polo seu presidente, Cali Formoso.

Podes consultar o listado de inscritos na seguinte ligazónInscrición XIX Tríatlon Ferrol

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.