A través da emisión da licenza federativa os federados e federadas están cubertos en adestramento e competición oficial de triatlón polo Seguro Deportivo Obrigatorio de accidentes. Para que este seguro se faga cargo dos custes derivados das atencións sanitarias é necesario seguir os protocolos establecidos pola aseguradora na póliza emitida. O incumprimento destes protocolos ou un uso indebido do seguro deriva en que sexa o federado ou federada quen asuma os custes da atención recibida polo que é de especial relevancia revisar e coñecer a póliza e protocolos a seguir ante un accidente.
Na seguinte ligazón, no apartado do seguro da nosa web, podes consultar toda a documentación do seguro deportivo. Póliza, protocolos, certificado de accidente….
https://fegatri.org/federacion/seguro-deportivo/seguro-deportivo-2021/
Salvo nunha urxencia vital, é imprescindible dar de alta o accidente antes de acudir a ningún centro hospitalario a través do télefono de atención e seguir os pasos que nos indican. Acudir só ao hospital que nos referencien que nunca será da Seguridade Social.
A aseguradora non se fará cargo dos gastos de atención na seguridade social (salvo urxencia vital), permanencia nun hospital da seguridade social ou non concertado máis tempo do establecido na póliza, ou o seu uso para curas posteriores.
En 2021 o seguro deportivo obrigatorio para deportistas maiores de 16 anos, adestradores/as e oficiais está contratado coa compañía MÚTUACAT a través de HOWDEN (Póliza 125884)