A Fegatri a través da técnica da área de Muller e Deporte participa no programa Lideresas Amazonas e organiza este venres 30 de maio unha quedada en A Coruña para recoñecer os percorridos do Cpto de España de Triatlón Olimpico.
Se es muller, tes máis de 18 anos e che gusta practicar deporte tes unha cita o próximo vernes 30 de maio ás 19:00h no porto de A Coruña (Parrote), na que compartirás experiencia con outras mulleres facendo un recoñecemento dos percorridos de natación e carreira a pé do Campionato de España da fin de semana e da súa sede. Realizarase tamén unha activación de cara á fin de semana para aquelas deportistas que queiran sumalo á súa preparación para a competición. Xornada apta para todos os niveis sen necesidade de estar federada.
Máis información e inscricións ata ata o xoves 29 de maio ás 12:00 h. para poder xestionar o trámite de seguro de un día a aquelas asistentes sen licenza.na seguinte ligazón: www.lideresasamazonas.org
#fetrilideresas
#amazonaslideresas