REGULAMENTACIÓN TEMPADA 2016
O Próximo 13 de febreiro dará comezo a tempada de probas de Estrada co Dúatlon de Estrada que se celebrará en Guitiriz.
• Lémbrase que os e as deportistas, participantes en calquera proba da Federación Galega de Tríatlon e P.M., son responsables de coñecer as normas que afectan á competición na que participan.
Con respecto ao anterior indícanse a continuación as normativas máis importantes de referencia e cambios que houbo con respecto á pasada tempada para que non nos atopemos con problemas cando chegamos á competición.
Regulamento de circuítos e Campionatos Galegos
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2013/04/Regulamento-de-competici%C3%B3n-para-2016rev.pdf
Reglamento Oficial de Competición
http://triatlon.org/triweb/wp-content/uploads/2016/01/3.2016.FETRI_.Competiciones.Reglamento-de-Competiciones.v.2016.pdf
Cambios máis significativos 2016
http://triatlon.org/triweb/wp-content/uploads/2016/01/Circular.2.16.Competiciones.Reglamento-de-Competiciones-2016.pdf
Artigo 2.8.b): Posibilidade de uso de traxe de tríatlon con mangas para competición de Media e Longa Distancia.
Artigo 3.1: Inclúese a sanción “para e segue” – aplicarase cunha tarxeta amarela.
O obxectivo de retirar as sancións por dobre amarela, para pasar a un modelo onde o deportista que reciba esta sanción, corrixa a infracción e así poida continuar na competición.
Sanción para o Bloqueo en ciclismo en competicións sen drafting.- Aplicarase tamén o “para e segue” O deportista deberá deterse na área de penalización, comunicar ao oficial que recibiu unha sanción por bloqueo, e continuar a competición.
Artigo 3.5: A descualificación por acumulación de tarxetas producirase por ter 2 tarxetas azuis en distancia ata estándar ou 3 tarxetas azuis en distancias media e superior.
Artigo 4.2: Establécense novos límites para o uso do neopreno e modificacións nas temperaturas na natación.
Artigo 4.7: Regúlase a saída lanzada
Artigo 5.2:- Os freos de disco non se permitirán ata que a UCI os aprobe en todas as competicións.
(Comunicado da Federación Española de Ciclismo http://www.rfec.com/node/18263 )
Artigo 5.3: Introdúcese a revisión visual das bicicletas por parte dos oficiais.
Artigo 5.5: Modificación das distancias do drafting
10 metros para competición sen drafting distancia olímpica e inferior.- 20” para adiantar
12 metros para competición media e longa distancia .- .- 25” para adiantar
Artigo 5.7: Definición de bloqueo a) Os deportistas deben manterse a un lado do percorrido sen crear perigo para outros deportistas.
Artigo 8.6: Regulase o tempo mínimo entre saídas masculinas e femininas e o orde.
Artigo 13.2: Clarificación do procedemento de relevo